Ermelo estrea praza cun acto lúdico e cultural
Por Redacción
Este domingo, veciños de Ermelo (Bueu) gozaron da inauguración da praza da igrexa da parroquia cun acto que contaba coa presentación do libro 'Travesía por tres momentos da historia de Bueu' ao que asistiu a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado de Cultura, Xosé Leal e polo alcalde Félix Juncal.
A agrupación Xonxas iniciou o acto coa fusión de folclore con outros ritmos para despois levar a cabo a presentación do libro no que se destaca a relevancia de Bueu en relación co mar e tamén vinculado ao alto de Ermelo, apuntou Xosé Leal, sinalando que aínda se poden ver as pedras do seu mosteiro medieval. Interveu na presentación do libro un dos autores, Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, que falou sobre os apartado referidos á parroquia.
A continuación, Carmela Silva subliñou a importancia de poñer en valor o patrimonio da provincia para conservar a esencia e proxectala democratizando a cultura.
Félix Juncal, alcalde de Bueu, finalizou as intervencións amosando a súa satisfacción pola recuperación para o uso público dun espazo que antes só era unha vía. A obra de creación desta praza contou co financiamento da Deputación.
Relacionadas:
-
Case 300.000 euros para reformar a estrada de Bueu que une Portela con Ermelo
Por Redacción |
-
Os viais de Meiro-Ermelo e de rúa Nova-A Rosa, prioridades do Concello de Bueu e a Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Bueu inicia este xoves a rexeneración do entorno de Ermelo
Por Redacción |
-
A rexeneración do entorno de Ermelo esperta o interese de medio centenar de empresas
Por Redacción |
-
Bueu licita o proxecto de rexeneración do ámbito da igrexa de Ermelo
Por Redacción |