Os afeccionados taurinos máis novos fan repuntar a venda de abonos para a Feira da Peregrina
Por Marisa Ciordia
Os afeccionados taurinos seguen sendo madrugadores na primeira xornada de venda de localidades para a Feira taurina da Peregrina. A primeiras horas do día íase formando e sumando á fila aqueles que querían asegurar en man o papel das entradas. A medida que transcorreu o mediodía o devir de persoas era continuo. Este ritmo de venda é comparable ao de fai tres anos, o que significa un bo número de público o que neste primeiro día está a pasar por portelo.
Aínda que de aquí ao primeiro fin de semana de Feira irase vendo o interese por cada festexo con maior precisión, este luns as entradas máis solicitadas foron as do domingo 6 de agosto. Esa tarde o cartel confórmano touros da leira toledana de Alcurrucén para Antonio Ferrera, Julián López "el Juli" e Roca Rey. A segunda en celebrarse tamén foi a seguinte en venda de entradas. Será o festexo mixto con presenza dos irmáns Paquirri e Cayetano; que lidarán touros da gandería salmantina de María Loreto Charro e o rejoneador Diego Ventura co ferro dos Espartales. Finalmente o domingo 13 sairán ao rodo de San Roque touros de Santiago Domecq para Juan del Álamo, Álvaro Lorenzo e Ginés Marín.
Destacable e motivo de felicitación é outra circunstancia que se evidenciou desde a semana anterior cando se comezaron a adquirir os abonos para a Feira: os novos abonados. Concretamente a venda de abonos con prezos especiais para menores de 20 anos. A resposta da afección máis jóven foi satisfactoria e de feito o número de abonos retirados ata o momento é superior ao do ano pasado, compensando á alza a non renovación dalgúns abonos de feiras anteriores, segundo sinalan desde a empresa que xestiona a praza pontevedresa.
Un dato que tamén reciben con notable agrado desde a Coordinadora de Peñas Taurinas de Pontevedra xa que "é o resultado a un traballo que vimos facendo na Coordinadora. Fai tres anos sentámonos a falar coa empresa Lozano e acordamos poñer en marcha iniciativas para que se somen afeccionados novos. Esta foi unha delas e por tanto significa que no segundo ano de aplicación xa está a ter a resposta que agardábamos", dí o seu presidente, Juan Riveiro.
Primeiro festexo 5 de agosto
Outra das opcións para adquirir localidades é a través de internet en tauroentrada.com, toroticket.com e servitoro.com. De igual maneira, a venda de entradas por internet tamén está a evidenciar boas vendas. Quen opta por esta posibilidade, ademais de non desprazarse ata os despachos de billetes da praza, reciben as súas localidades no propio domicilio.
Os despachos de billetes estarán abertos a diario, festivos inclusive, ata finalizar a Feira. Os prezos oscilan entre os 110 euros de barreira á sombra, e os 40 euros nas filas de tendido alto. Ademais ofrécense prezos especiais para xubilados y parados. O horario de despacho de billetes é de 10.00 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 20.00 horas en horario de tarde.
O primeiro dos festexos será o sábado 5 de agosto. Trátase dun concurso de recortadores, - fóra das corridas de abono-, que se ofrece por primeira vez na praza pontevedresa. Tauroemoción trae para esa tarde, a partir das 19.00 horas: "Gladiadores do século XXI". Un espectáculo para todas as idades, que do mesmo xeito que o resto de espectáculos que ofrece a empresa, procura a diversión do público e o achegamento á tauromaquia.
Relacionadas:
-
Abren os despachos de billetes da praza de touros, coa novidade do abono novo ata os 24 anos
Por Redacción |
-
Un concurso de recortadores abre este sábado a feira taurina da Peregrina
Por Redacción |
-
RADIO.- As Conversas na Ferrería inician o seu "ciclo taurino"
Por Marisa Ciordia |
-
Comeza a renovación de abonos para a feira taurina tras un concorrido tentadero
Por Redacción |
-
O man a man entre os irmáns Rivera Ordóñez, estrela do cartel de touros da Peregrina
Por Ramiro Espiño |