Suspendida pola choiva a procesión do Mércores Santo
Por Oskar Viéitez
A Xunta Coordinadora da Semana Santa pontevedresa e a Cofradía de Nuestra Madre del Mayor Dolor decidiron suspender pola choiva a procesión do Mércores Santo.
O portavoz da Xunta, Ramón Peón, anunciou a decisión en torno ás 18:30 horas deste mércores "pola choiva que caeu intermitentemente durante toda a xornada".
A saída da procesión estaba prevista á saída da Basílica de Santa María á terminación da misa das 20:00 horas.