O paseo de iniciación ao piragüismo polo Verdugo consolídase e reúne 200 participantes
Por Redacción
O paseo gratuíto en piragua polo río Verdugo organizado polo Concello da Lama reunión na súa novena edición, este luns, a case 200 persoas. A actividade superou todas as expectativas e consolidouse como un imprescindible do verán no río Verdugo.
Os participantes, provistos de chaleco salvavidas e supervisados por monitores do Club de Piragüismo de Vilaboa, participaron en quendas, para facilitar un acceso máis organizado e equitativo entre as persoas inscritas nesta actividade que, con respecto ao ano pasado, superou con fartura o índice de participación.
Os monitores expuxeron aos participantes os distintos modelos de piragua e diferenzas coas canoas, así como as principais técnicas para facer máis eficiente a palada na auga.
Esta actividade gratuíta do Concello da Lama está enmarcada dentro das actividades organizadas con motivo da Semana Cultural e pretende profundar en ofrecer alternativas de lecer diferente para as persoas, especialmente as máis novas.