Os veciños dos Praceres ven "surrealista" o novo proxecto para suprimir os pasos a nivel
Por Natalia Puga
"Surrealista". ÿ a palabra que utilizan os veciños Dos praceres para definir o proxecto construtivo de supresión dos pasos a nivel do tren ao Porto de Marín sobre o que está a traballar a Dirección Xeral de Infraestruturas Ferroviarias do Ministerio de Fomento e que supoñerá suprimir os tres pasos a nivel actuais, crear dous pasos subterráneos para peóns e vehículos e habilitar unha barreira vexetal para evitar o impacto estético do paso do tren pola praza dos Praceres.
Con esta actuación Fomento daría cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo que declara ilegais os actuais pasos a nivel, unha reivindicación da Plataforma en Defensa da Praza dos Praceres. Non obstante, a forma na que se fará non convence en absoluto o seu presidente, Eladio Torres.
Torres recorda que dende que se ditou a sentenza contraria do Supremo a proposta de alternativas á supresión dos pasos a nivel"é un capítulo que se recupera cada pouco. Cada vez que os veciños demostran a mentira de todas as actuacións que fixeron, esta xente recurre ao amedrentamento, a que vai pasar algo malo si non se lles fai caso".. Malia todo, eles seguen firmes na súa postura de que a única solución para Os Praceres pasa por enterrar as vías que cruzan a praza da vila, pois "a praza tal e como está atenta contra ou máis sagrado que ten unha persoa, que é a vida".
"Aquí o que pasa dígoo eu moi fácil, que un dos actores que queren levar a cabo isto se mete na mesma cama que a ministra de Fomento"
O voceiro veciñal tamén insiste en que a proposta actual, publicada este mércores no Boletín Oficial da Provincia (BOP), "non é novo, é unha proposta que nós xa sabíamos que tiña a Autoridade Portuaria e que agora conta co consentimento dos alcaldes de Pontevedra e Marín. O señor Lores e a señora Ramallo séntanse no Consello do Porto e isto coñéceno" e non ten ningún reparo en facer acusacións persoais para criticar o proxecto, en concreto, contra o actual presidente da Autoridade Portuaria, José Benito Suárez Costa, e a súa relación persoal como marido da ministra de Fomento, Ana Pastor.
"Como o presidente da Autoridade Portuaria é o marido da ministra de Fomento pode permitirse facer iso", cuestiona. E pide expresamente que se considere esta reacción súa. "Aquí o que pasa dígoo eu moi fácil, que un dos actores que queren levar a cabo isto se mete na mesma cama que a ministra de Fomento. E estaría encantado de que mañán me chamaran dun xulgado para revatirme isto", indica ao respecto.
Eladio Torres tamén incide en que a opción pola que optan os veciños de enterrar a vía do tren non só é a recomendada polo Tribunal Supremo, senón tamibién a máis económica, de aí que reitere paréceme surrealista" cando fala da actual proposta de Fomento."O Tribunal Supremo despois de analizar as múltiples propostas dixo que a mellor é a desapareción da linea férrea en superficie porque é un espacio urbano, pero agora volve aparecer isto, vólveno sacar a exposición pública, creo que é a terceira vez. O soterramento é máis barato e da cumprimento á sentencia, os técnicos de Fomento recomendan o soterramento porque é o máis rápido, o máis seguro, que cumpre coa sentencia e é o máis barato", sinala.
Torres critica ao Concello de Pontevedra e insta o alcalde a que non de permiso de obra para acometer a actuación ou presente un recurso contencioso-administrativo contra este
O voceiro tamén se mostra crítico coa actitude do Concello de Pontevedra, que este mércores anunciou que alegará contra a proposta de Fomento, e recorda aos responsables municipais que "sen permiso de obra do Concello non se pode facer". "A praza é pública, do Concello de Pontevedra e está nas súas mans decidir, pero xa no seu día o alcalde, este mesmo alcalde, permitiu a actuación. No seu día fixéronlle a ponte das Correntes e agora se volve baixar os pantalóns para que lle fagan un paseo de Pontevedra a Marín", valora.
De feito, insta ao Concello de Pontevedra a que se en realidade está en contra desta proposta que non supón enterrar as vías "pode emprender un contencioso-administrativo contra esta resolución". " Se non o fai é porque isto é unha trama organizada na que se intenta confundir ao cidadán e na que estes actores din: nós mandamos e nós ímonos rir da Xustiza e do Estado de Dereito", critica.
No seu opinón, as críticas públicas do Concello de Pontevedra por boca do concelleiro Cesáreo Mosquera son"unha trama organizada para desautorizar á plataforma, esta xente debe vivir nos mundos de Yupi, esta xente vai por un camiño diferente do procedemento xudicial" e cre que "o Concello ten dúas opcións: poñerlle collóns e non dar licencia de obra ou presentar un contencioso ou senón pode pasarnos a nós a tutela da praza dos Praceres e xa verás como esa actuación no se fai". Cuestiona, ademais, que "o alcalde di que xa se reuniu cos colectivos sociais, pois con nós non se reuniu, gustaríanos que o fixera".
Relacionadas:
-
O Supremo confirma enterrar os pasos a nivel dos Praceres, "crónica dunha decisión anunciada" para Mosquera
Por Natalia Puga |
-
A Audiencia Nacional impide que Fomento busque unha artimaña legal para manter os pasos a nivel de Praceres
Por Natalia Puga |
-
O Concello rexeita os pasos soterrados para coches e peóns que Fomento propón en Praceres
Por Redacción |
-
Fomento manterá o tren por Placeres e creará dous pasos subterráneos para peóns e vehículos
Por Alejandro Espiño |