Portas contará con 11 pasos de peóns sobreelevados
Por Redacción
Pasos de peóns sobreelevados e reductores de velocidade, os coñecidos como "lombos", están a instalarse durante estes días no municipio de Portas. O deputado Uxío Benitez explicou que se instalarán 11 elementos para reducir a velocidade no próximos quince días.
A empresa Covsa está a executar os traballos desde mediados de xullo. Instalaranse tres pasos de peóns sobreelevados na estrada Portas-Romai; tres na de Portela-Valiñas e un na estrada entre Caldas e Vilanoviña. Outros catro construiranse entre Goulla e Porráns.
Como todos os que está a instalar a Deputación levarán unha lenda de advertencia aos peóns na primeira banda do paso de peóns. Poderase ler: "Atención. Mirar Esquerda-Dereita".
Desde a Deputación indícase que estas obras foron reclamadas polo goberno local de Portas co obxectivo de acougar o tráfico. Uxío Benítez indica que estes elementos físicos son os únicos que teñen consecuencia na redución da velocidade porque os sinais, os radares ou as multas, na práctica, só teñen unha función recadatoria, apuntou o deputado en cargado de mobilidade na provincia.
Tamén se realizarán traballos de repintado de diferentes vías provinciais.