Sanxenxo amplía a sinalización das praias do municipio
Por Diego Espiño
O Organismo Autónomo Terra Sanxenxo acaba de ampliar a sinalización das praias do municipio.
O concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, sinalou que "con esta actuación preténdese mellorar a imaxe do noso litoral, así como facilitar a localización dos accesos ás diferentes praias".
Foron un total de 34 sinais, cun orzamento de 7.000 euros.
Esta actuación, forma parte dun proxecto de modernización dos sinais de praias e miradoiros con paneis informativos que ofrecen detallada información, en varios idiomas, sobre a contorna. Na elaboración destes paneis, a Concellería de Turismo traballou man a man coa Asociación Ollares de Portonovo, que se encargou de achegar o material gráfico.
En canto aos miradoiros, a sinalización instalouse na Granxa, Aldariz, Palacios-A Carabuxeira, Punta Vicaño, Caneliñas, As Canteiras, Festiñanzo, Rouxique, a ermida da Lanzada, Cabicastro, Punta Faxilda e Pragueira.
Ademais, este proxecto complementarase cunha iniciativa pioneira en sinalización intelixente, xa que se instalaran uns sinais indicativos cun código que permita aos usuarios para acceder a información sobre o municipio, tanto no que se refire a rutas de sendeirismo, ou lugares de interese, como hoteis, restaurantes e inclusos eventos puntuais que vaian ter lugar en Sanxenxo.
Esta iniciativa experimental vai implantar no porto deportivo, coa instalación de varios puntos, pero a idea é facelo extensible a outros lugares do municipio. Preténdese. por tanto, unha sinalización intelixente en todo o municipio, a través dun sistema de xestión de dispositivos de conexión capaz de traballar con información xeorreferenciada e que funcione na nube.
Relacionadas:
-
Sanxenxo e O Grove solicitarán conxuntamente unha axuda para ser destinos turísticos intelixentes
Por Redacción |
-
Sanxenxo planifica xa melloras nas súas praias pensando no próximo verán
Por Redacción |
-
Presentan o sistema de sinalización intelixente instalado na zona do porto deportivo
Por Redacción |
-
Sanxenxo quere negociar con Costas o depósito de area en Carabuxeira
Por Oskar Viéitez |
-
A praia de Canelas mellora o seu acceso
Por Redacción |
-
Case 130.000 euros para mellorar 193 quilómetros de sinalización en estradas do Salnés
Por Redacción |
-
Sinalización turística intelixente para o porto de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Novos sinais para miradoiros e praias
Por Redacción |