Cuntis recibe axuda para facer arranxos na Casa da Cultura e tamén nas escolas de Sebil e Ermida
Por Redacción
Unha resolución presidencial da Deputación de Pontevedra aprobou unha nova achega de 25.000 euros para o concello de Cuntis ao abeiro da liña do Plan Concellos 2017 adicada a investimentos. En concreto, os cartos serán para realizar unha serie de melloras na Casa da Cultura e tamén nas escolas de Sebil e Ermida.
En concreto, na Casa da Cultura procederase a limpar as fachadas, os tellados mailos canalóns e a realizar diversas reparacións interiores. Na escola de Sebil limparanse e posteriormente pintaranse as fachadas e para a escola de Ermida tamén se limparán as fachadas ademais de substituír tanto as ventás como a cuberta existentes.
Con anterioridade, no marco do Plan Concellos, Cuntis xa recibira 273.305,29 euros, tamén na liña 1 de investimentos, para a pavimentación dun viario e do acceso á zona deportiva, para o saneamento da Casiña, melloras no entorno do cruceiro no Campo-Troáns, a reposición dun muro en Sobrada, para facer fronte ao investimento de acondicionamento da planta baixa de dúas vivendas que pasarán a empregarse como un almacén dos servizos sociais e para a sinalización vertical das súas parroquias.
Ademais recibiu, 50.565,51 euros para o financiamento de diversas actividades como a Romaría do Cabalo, un ciclo deportivo, o programa Habilitas Fogar II ou o mantemento e acondicionamento da EDAR de Meira e, por último, a cantidade de 120.338,46 euros que permitirán que 16 persoas desenvolvan as súas profesións nos servizos municipais da vila, a través da liña de emprego do Plan.
Grazas a esta nova achega, a vila de Cuntis xa leva aprobado o 90,7% do total de investimento que recibe dentro do Plan Concellos 2017, isto é, 484.837,62 euros dun total de preto de 535.000 euros.
Relacionadas:
-
Cuntis comeza a acondicionar as novas oficinas de servizos sociais
Por Redacción |
-
Cuntis revisa o estado dos colectores de saneamento da vila
Por Redacción |
-
Cuntis contratará dez personas para os servizos de lixo e incendios
Por Redacción |
-
O goberno provincial presenta o reparto de máis axudas do Plan Concellos
Por Oskar Viéitez |