Os GOR da Policía Nacional despregan controis especiais de seguridade de madrugada nos accesos á cidade
Por Redacción
Entre a medianoite e as dúas da madrugada deste luns, todas as persoas que accederon en coche a Pontevedra a través da avenida Josefina Arruti e a avenida de Marín atopáronse cun amplo control policial. Eran dous puntos de verificación do Grupo Operativo de Resposta (GOR) da Policía Nacional.
Axentes dos GOR da Comisaría de Pontevedra estableceron dous puntos de verificación distintos, un na zona central da nova avenida Josefina Arruti e outro na unha zona intermedia entre as avenidas de Marín e Vigo. En ambos realizaron un amplo despregamento de medios e os axentes foron parando aos condutores de forma aleatoria.
En total, revisaron nove vehículos e identificaron a 20 persoas, tres delas con antecedentes policiais. Ademais, levantaron un acta contra unha das persoas identificadas por tenencia de drogas.
O GOR realiza estes controis de forma aleatoria nos accesos a Pontevedra para a prevención de actividades de carácter ilícito. Neste caso, duraron dúas horas entre a medianoite e as dúas da madrugada.
Relacionadas:
-
A Policía Nacional localiza tres menores fuxidos dun centro durante as Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Un detido no macro control policial despregado durante as noites de peñas en Pontevedra
Por Redacción |
-
A Policía Nacional identifica dez persoas en dous controis policiais nas avenidas de Marín e Vigo
Por Redacción |
-
A Policía Nacional desprega controis de seguridade en tres puntos de acceso á cidade nunha mañá
Por Diego Torrado & Natalia Puga |