A Paixón de Cristo cobra vida, un ano máis, na Semana Santa de Paradela
Por Alejandro Espiño & Aitana Vidal
Centos de persoas desafiaron á choiva e ao mal tempo para non perderse a representación máis popular a Semana Santa de Paradela (Meis), a recreación da Paixón de Cristo que como cada ano ten lugar o Venres Santo. Trátase dunha tradición que ten máis de 200 anos e que se representa por terceira vez, desde que en 2010 fose declarado Festa de Interese Turístico de Galicia.
Un ano máis Paradela volveu converterse nun punto de reunión de devotos de toda Galicia. O cento de veciños que fan de actores nesta recreación representaron este venres o xuízo de Xesús ante Poncio Pilatos e Herodes. Como vén sendo habitual desde o ano 2000, Enrique Barrios interpretou a Xesucristo. "ÿ un orgullo poder interpretar unha personaxe que significa tanto para min, é algo que me engrandece como persoa", recoñecía.
Pero non puido completar o seu papel. A choiva obrigou a suspender o Via Crucis e a representación da crucifixión de Xesucristo que ía celebrarse no Monte da Croa. Farase un novo intento esta mesma noite, coa escenificación do desenclavo e descendimiento de Xesús.
Os actos deste Venres Santo son o principal atractivo da Semana Santa de Paradela, aínda que non o único. As representacións comezaron o pasado domingo de Ramos, coa recreación da entrada triunfal de Xesucristo en Jerusalén, e continuaron este Xoves Santo coa celebración da ÿltima cea e outras escenas previas á Paixón, que debido á choiva tiveron que celebrarse dentro da igrexa parroquial.
O domingo, ás 12.30 horas, poñerase punto e final a esta peculiar Semana Santa coa representación da Resurrección de Xesús no atrio da Igrexa. Aínda que o evento que poñerá o broche de ouro a esta celebración dista moito de ser relixioso. Será ás 22.00 horas e trátase dunha verbena que estará amenizada polas orquestas Marbella e Atenas.