Ferido moi grave un home de 65 anos tras ser atropelado en Sanxenxo
Por Redacción
Un home de 65 anos, veciño de Sanxenxo, atópase en estado moi grave tras sufrir un atropelo na tarde deste sábado. Segundo informou o Servizo de Urxencias 061-Galicia, o atropelo tivo lugar sobre as 20.00 horas na rúa Progreso.
Ata a zona desprazouse unha ambulancia asistencial con persoal sanitario do PAC que, ao examinar as lesións do home, solicitou unha ambulancia medicalizada para transferir ao paciente.
O home, de iniciais J.M.R., foi trasladado á UCI do Hospital Xeral de Vigo cun forte golpe na cabeza, polo que o seu estado é moi grave.