Album fotográfico: Marisco e festa no Grove
Por Oskar Viéitez
A organización espera terminar este novo fin de semana do domingo día 14 logrando un total de 100.000 visitantes, incluindo nesa cifra de asistentes os que viñeron o pasado fin de semana. A Festa do Marisco de O Grove é un dos eventos culinarios máis concorridos de Galicia. Os hoteis da zona están cheos, rondan todos unha ocupación que vai do 90 ó 100% para todos os días da semana ata o vindeiro domingo. A nivel de ventas, superáronse as 46.000 racións vendidas de productos que, na súa maioría, son do mercado de O Grove.