O Concello cede por 75 anos ao Xoán XXIII 4.600 metros cadrados de terreo
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno do Concello de Pontevedra celebrada este luns aprobou a cesión por 75 anos á asociación Xoán XXIII de dúas parcela lindeiras, de 4.600 metros cadrados. Están situadas na urbanización da Corva e teñen como destino acoller un centro de formación e promoción do emprego para persoas con discapacidade intelectual.
Este solar está situado entre a rúa Santa Lucía, Pintor Urbano Lugrís e Rúa da Corva e a el pódese acceder desde a Avenida de Vigo ou desde San Brais.
As parcelas atópanse na zona denominada no Plan Xeral como B-10 e están cualificadas para uso sociocomunitario.
Segundo avanzou a fundación Xoán XXIII, na nova parcela habilitaranse aulas e espazos de formación, vestiarios, aseos, duchas, un almacén, un taller para xardinería, oficinas e espazos para reunións.
No horizonte teñen a formación axustada ás necesidades especiais dos traballadores con discapacidade intelectual e inserción en novos nichos laborais como servizos de empresas, actividades comerciais, limpeza ou mantemento.
A fundación céntrase agora na procura de axudas, colaboracións e posibles subvencións co obxectivo de construír canto antes o novo centro.
Relacionadas:
-
As obras nos terreos da ONCE comezarán a finais de abril
Por Redacción |
-
Juan XXIII prevé rematar a construción da súa residencia en dous anos
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra volverá contratar 20 persoas perceptoras da Risga para traballar en obras e xardíns
Por Natalia Puga |
-
O Concello cede dúas parcelas a Juan XXIII para construír a súa futura residencia
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello cede unha parcela á Fundación Xoán XXIII para ampliar o seu centro especial de emprego
Por Redacción |
-
Visto e prace á cesión de 3.450 metros cadrados á asociación Juan XXIII para construír unha residencia
Por Natalia Puga |