Comezan as restricións de estacionamento con motivo da Feira Franca
Por Oskar Viéitez
O vindeiro venres, 1 de setembro, celebrarase en Pontevedra a Feira Franca que se ben se circunscribe ao centro histórico, xera un importante tránsito de persoas e vehículos que afectará a toda á cidade, especialmente ás entradas e saídas. O evento leva aparellado o peche das rúas da zona monumental da cidade e a contorna da Praza de Touros.
O Concello de Pontevedra organizou un dispositivo especial de tráfico co fin de minimizar os inconvenientes que carrexa esta festa. Nel participarán membros da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros e voluntarios que axudarán a que o espazo público estea nas mellores condicións de uso para a cidadanía.
Ante a hipótese dunha presenza masiva de persoas e vehículos, o Concello de Pontevedra solicita a colaboración cidadá á vez que fai un chamamento á utilización dos aparcadoiros disuasorios (Mollabao, Pavillón de Deportes e explanada do Recinto Feiral) e por suposto, solicita especialmente á veciñanza de Pontevedra que reduza o uso do vehículo particular ao "mínimo imprescindible".
O operativo de tráfico leva unha serie de medidas como a restrición de aparcadoiros en determinadas rúas e cortes de tráfico, polo que se solicita o "máximo respecto" á sinalización provisional nos espazos afectados.
PREVISIÓNS DE MONTAXE E DESMONTE DE INSTALACIÓNS
A montaxe nas prazas e rúas da zona monumental, poderase realizar o venres día 1 setembro desde as 15 ata as 19 horas e o sábado día 2 de setembro desde as 6 ata as 10 horas.
RESTRICCIÓNS CIRCULATORIAS
1. Vías pechadas ao tráfico
Prohíbese a circulación de vehículos nas rúas da zona monumental a partir do sábado día 2 ás 10 horas. Tamén en cálelas Arcebispo Malvar, Pardo Bazán, Alameda desvío por Echegaray, Galera, Benito Corbal (tramo peonil), Peregrina, (tramo peonil) e Michelena.
Desde as 14 horas do día 2 de setembro pecharase a circulación de vehículos nas rúas da contorna da Praza de Touros, con motivo da celebración dun espectáculo medieval no interior da mesma. O peche afectará as rúas Víctor Said Arnesto, Nostramo Lourido, Pedro Mariño de Lobeira, Celestino Poza Pastrana e rúa Canaval.
2. Puntos de corte
No traslado do viño realizarase un corte puntual na intersección das rúas Santa Clara con Cobián Roffignac e na intersección das rúas Santa Clara con Perfecto Feijóo.
PLAN DE SEGURIDADE
O plan de seguridade estará activo desde as 11 horas do sábado ata as 03:00 horas do domingo 3 de setembro.
A partir das 12 horas, un equipo conxunto de Policía Local e Bombeiros inspeccionará os postos co fin de que se adopten as normas establecidas pola organización (grellas só carbón, extintores preto das grellas, instalar só os autorizados, ocupación do espazo autorizado especialmente nas vías de penetración e evacuación).
PUNTOS DE EMERXENCIA
Durante a celebración da Feira Franca permanecerán os seguintes puntos de emerxencia:
- Posto avanzado médico no Teatro Principal
- Tres ambulancias en Valentín García Escudeiro, Bastida/Michelena e Alameda.
- Protección Civil na Praza Ourense.
- Bombeiros na Praza de España e Valentín García Escudeiro.
- En distintos lugares do recinto onde se celebra a Feira Franca e estratexicamente colocados haberá unhas baterías de extintores.
VIAS DE PENETRACIÓN E EVACUACIÓN
Co fin de garantir ao máximo as prestacións dos servizos de urxencia estableceranse como vías principais de evacuación e penetracións as seguintes rúas: Real, Sarmiento, Isabel II, Curros Enriquez, Fernández Villaverde e Michelena.