Moreira resígnase a que non haberá orzamento municipal por un intento de Lores e Raimundo de "trabajar en la opacidad"
Por Natalia Puga
O voceiro municipal do PP de Pontevedra, Jacobo Moreira, resígnase a que o Concello de Pontevedra non terá orzamento para 2013, polo menos, ata o mes de xuño e atribúe este atraso a un intento intencionado do alcalde e o concelleiro de Facenda, Miguel Anxo Fernández Lores e Raimundo González, que, desta forma, poden "trabajar como más le gusta, con opacidad".
Moreira compareceu ante os medios para criticar que superado o primeiro trimestre do ano "no hay noticias" do orzamento municipal e, ademais, "no nos consta que estén trabajando en ello". Comparou esta situación coa do resto das grandes cidades galegas, xa que "Ferrol, Lugo, Vigo, A Coruña y Santiago ya tienen" aprobadas as súas contas para 2013 e tan só falta Ourense "por su situación política", que se viu alterada pola operación Pokemon e o cambio de alcalde.
O voceiro 'popular' dá por feito que non terá presuposto porque nin o alcalde nin Raimundo González "han dado señales de que tengan intención de ponerse a ello"e baseándose na experiencia de anos anteriores, nos que un de cada dous o orzamento estivo prorrogado. "Aprueban el presupuesto solo los años pares. Este es impar y parece que no toca", indica.
"Trabajar con el presupuesto prorrogado evita decir al ciudadano qué obras van a hacer"
Ademais, opina que a falta de presuposto lle permite traballar con "falta de transparencia" e "mantener uno de los ejes principales de su proyecto propagandístico, la supuesta buena salud económica" das contas municipais. "Trabajar con el presupuesto prorrogado evita decir al ciudadano qué obras van a hacer y permite trabajar con la falta de transparencia que les gusta", denuncia.
Dende o seu punto de vista, ao non se aprobar presuposto, poden atrasar reformas pendentes como o ámbito de Pasarón ou o Campo da Torre; "olvidarse" proxectos pendentes como a aprobación do PXOM, a rolda urbana ou as medianeiras que rodean o santuario da Peregrina; e "vender" obras como "la reforma limitadísima de Benito Corbal o tapar solo parcialmente Valentín García Escudero".
Moreira tamén bota en cara ao Goberno Bipartito que "no es cierto" que non aprobar un presuposto anualmente non afecte aos cidadáns e cree que a falta de noticias sobre as novas contas demostra que "en el Gobierno local no hay consenso ni para reconocer la falta de consenso".
"La realidad es que Lores vive muy cómodo trabajando en la opacidad de las cuentas públicas"
Ao respecto, atribúe toda a responsabilidade sobre a ausencia do presuposto 2013 aos socios nacionalistas no Goberno local, pois "lo que dice el PSOE no importa nada. Louro traga con todo lo que le dice Lores, Louro no tiene voz, el PSOE ha hipotecado su vida política por tres sueldos".
"La realidad es que Lores vive muy cómodo trabajando en la opacidad de las cuentas públicas", conclúe. Esta falta de transparencia que Moreira atribúe ao alcalde contrasta coa actitude que ve no presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, en relación coas polémicas fotos publicadas por El País nas que aparece acompañado do narcotraficante Marcial Dorado.
Segundo o voceiro dos 'populares' pontevedreses, Feijóo "lo ha explicado perfectamente, con rapidez y transparencia. Se desnudó públicamente y se sometió a todas las preguntas", unha forma de actuar que significa que "no tiene nada que ocultar". En relación coas afirmacións do presidente galego de que descoñecía as actividades ilegais de Marcial Dourado, Moreira asegura que me creo lo que dice. Me lo creo" porque "yo en Feijóo confío al 110%". "No es algo positivo lo que ha ocurrido pero ha sido hace 20 años", conclúe.
Relacionadas:
-
Louro acusa a Moreira de "rebaixar ao lodo" o debate político municipal
Por Redacción |
-
Lores: "ÿ coñecida a relación que houbo do PP con todo o sector do contrabando de tabaco que despois se dedicou a outras cousas"
Por Redacción |
-
O PP culpa á falta de orzamento da ausencia de "claridade e transparencia" nas contas municipais
Por Alejandro Espiño |