Intenta evitar un accidente e provoca outro máis grave con catro feridos
Por Redacción
Catro persoas tiveron que ser trasladadas nunha ambulancia tras resultar feridas nun accidente de tráfico rexistrado en Carril, en Vilagarcía. No sinistro víronse implicados dous coches e un peón.
Segundo informou o Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o sinistro produciuse sobre as 18.45 horas na estrada PO-548 que comunica Vilagarcía de Arousa e Vilagarcía á altura do concesionario Opel de Carril.
Un vehículo estaba detido antes dun paso de peóns para permitir que cruzasen os viandantes e outro turismo que circulaba inmediatamente detrás non conseguiu frear tempo, de modo que, para evitar un impacto forte e o conseguinte accidente, desviouse da calzada.
Nese momento, subiu á beirarrúa e acabou atropelando un peón que circulaba por esta. Como resultado do accidente, resultou ferido este peón e os tres ocupantes do turismo que estaba detido para ceder o paso aos viandantes.
Varios particulares deron alerta do accidente ao 112 e mobilizouse ao lugar a varias dotacións de Urxencias Médicas de Galicia, a Policía Local e o Servizo de Emerxencias de Vilagarcía.