Galáurea e o Concello de Pontevedra renovan o contrato do Servizo de Atención a Urxencias Domiciliarias
A empresa pontevedresa Galáurea anuncia que acaba de renovar co Concello de Pontevedra a prestación do Servizo de Atención a Urxencias Domiciliarias.
Trátase dun servizo orientado a toda a poboación da cidade de Pontevedra para resolver incidencias non sanitarias, no ámbito dos domicilios sobrevindas por unha urxencia. Os casos máis habituais son as caídas de persoas dependentes que nese momento non poden incorporarse, ben porque viven soas ou están cunha persoa tamén maior que non é capaz de levantalos.
A empresa Galáurea actúa coa Policía Local de Pontevedra e en comunicación cos servizos sociais do concello. Trátase dun servizo gratuíto, cada vez máis demandado.
CAMBIO ACCIONARIAL
Recentemente, produciuse un cambio na sociedade, pasando de Sociedade Limitada a Sociedade Limitada Unipersonal, converténdose nestes momentos Marta Blanco Marbán en única accionista da empresa.