Pedaladas celebra a Semana Europea da Mobilidade
Por Oskar Viéitez
A asociación de fomento do uso da bicicleta Pedaladas celebra a Semana Europea da Mobilidade (SEM) cun programa que conta con actividades abertas ao público e outras destinadas a entidades concretas.
A SEM é unha acción promovida pola Unión Europea para fomentar unha mobilidade máis intelixente, respectuosa co medio ambiente e a saúde das persoas.
A programación da asociación Pedaladas é:
- Sábado día 16. "Unha bici máis un coche menos". Participarán na campaña en redes sociais que impulsa a Rede de cidades pola bicicleta,
- Domingo día 17. Manifestación Vía Verde. Para reivindicar o uso turístico e de lecer das vías do tren inutilizadas.
- Luns día 18 ás 16:30 na Praza de España. Programa Rodando para que se animen a participar nas actividades que se fan cada luns no parque de Campolongo e que colaboren economicamente con doazóns para a adquisición de bicicletas adaptadas.
- Martes día 19. Charlas sobre mobilidade activa e segura para mozos nos institutos da cidade de Pontevedra.
- Mércores día 20. Primeiros Premios Dinosaurio de Ouro da Mobilidade, que recoñecerán a falta de compromiso de aquelas administracións que están a lastrar a mobilidade activa.
- Xoves día 21. RePensa a túa mobilidade. Acción en redes orientada a fomentar que as persoas valoren se as súas decisións en mobilidade son as acertadas.
- Venres día 22. Día Europeo sen coches. Na praza da Peregrina ás 21:00 horas terá saída a Pedalada Nocturna familiar de 8,2 quilómetros.
Relacionadas:
-
Pedalada familiar para reclamar unha nova vía ciclista na cidade tras dous anos sen crearse ningunha
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Pedaladas 'premia' ás administracións pola súa falta de compromiso coa mobilidade activa
Por Redacción |
-
A diversión substitúe aos coches no campus de Pontevedra
Por Redacción |
-
O campus implantará 54 medidas para ser máis verde
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman vías verdes a golpes… de pedal
Por Redacción |