A Deputación acusa o BNG de frivolizar e di que é "rotundamente falso" que exclúa a discapacitados
Por Oskar Viéitez
A Deputación insiste en que é "rotundamente falso que a Deputación exclúa a nenos con discapacidade dos campamentos que celebra nas súas instalacións de A Lanzada".
Segundo un comunicado emitido dende o Gabinete de prensa da institución provincial nos anos 2010, 2011 e 2012, asistiron 31 nenos con diversas e graves minusvalías de distinto tipo.
"A Deputación ven realizando un esforzo simpar noutras institucións de similar rango en canto á atención a menores con todo tipo de transtornos e discapacidades" continúa o escrito "sólo na Cidade Infantil Príncipe Felipe acollemos a 66 nenos de Educación Especial, así como a varios outros con transtornos psíquicos e físicos tanto dependentes da Xunta de Galicia como do noso Centro de Día. E neste centro, alóxase a Asociación Alba de atención a disminuidos".
"ÿ un exemplo de integración sen parangón en ningún outro campamento similar de Galicia e ainda de España"
Tras recordar que a Deputación de Pontevedra adica 12 millóns de euros anuais só en Príncipe Felipe para atención aos menos favorecidos, do que forma parte o campamento de A Lanzada, que "é un exemplo de integración sen parangón en ningún outro campamento similar de Galicia e ainda de España".
En canto a denuncia da deputada do Grupo provincial do BNG, Iolanda Veloso, dende a Deputación respostan que "as bases da convocatoria dos campamentos de verán de A Lanzada falan de exclusión para menores sin capacidade para desenvolverse nas súas necesidades básicas diarias xa que están aloxados en tendas de campaña nas que dormen cinco nenos debido a que a naturaleza física do espazo onde se desenvolve o campamento é accidentada. Afectan, ademais, a menores cuias minusvalías contraindiquen - por informe médico e debido á propia naturaleza do espazo - a súa asistencia".
"non pón ningún tipo de traba: a única é a que pón o sentido común e a actuación de nais e pais responsables"
Ademais recorda que noutros campamentos que se celebran en Galicia poñen tamén "limitacións derivadas da naturaleza do espazo e das actividades que se desenvolven neles", e que a propia Xunta de Galicia, tanto en etapas anteriores como na actual, ofrece dous tipos de campamentos: de integración, con tres plazas para personas con discapacidade inferior ao 33%, que non teñan trastornos que poidan alterar a convivencia e que teñan capacidades compatibles coas actividades a realizar e coas características da instalación así como con autonomía personal para as actividades da vida diaria; e de turnos específicos, para quen presente discapacidades superiores ao 33%.
Suliña o comunicado que a Deputación de Pontevedra nos campamentos de A Lanzada "non pón ningún tipo de traba: a única é a que pón o sentido común e a actuación de nais e pais responsables".
E finalmente recordalle a deputada nacionalista que a institución provincial entende a "especial sensibilidade que algúns poidan ter con este tema, pero lamenta a frivolidade no tratamento dun asunto especialmente sensible para a institución provincial, e de especial atención e apoio pola súa parte, así como o intento de facer política con algo no que todos - a Deputación, a primeira - debemos estar profundamente concienciados e comprometidos".