A Xunta mediará entre as adegas morosas e os viticultores
Por Oskar Viéitez
A pesares de que a comisión de seguimento dos contratos homologados da denominación de orixe Rías Baixas se disolveu o 3 de setembro de 2012, a Consellaría de Medio Rural instou a que se convocase novamente.
A convocatoria prodúcese tralas denuncias feitas polo Sindicato Labrego Galego (SLG) sobre os impagos que varias adegas manteñen da vendima de 2011, que será a cuestión que centre esta nova xuntanza da comisión fixada para este jueves, 4 de abril, ás 10:00 horas, na sala de reunións da Consellaría de Medio Rural en Pontevedra.
Cómpre lembrar que o SLG non só denunciou publicamente a morosidade de adegas como Gran Bazán, Núñez Andión, Lagar da Condesa ou Sucesores de Benito Santos; senón que reclamou por escrito, o pasado 23 de xaneiro, a intervención da Consellaría de Medio Rural para mediar e solucionar este problema.
Dende o Sindicato lembran que "aínda que as culpables destes impagos son adegas a Xunta debe responsabilizarse e mediar entre elas e os viticultores".
"Para empezar, moitas das persoas afectadas polos impagos asinaron un contrato homologado en 2011 para vender a uva, polo que o seu cumprimento debería estar garantido pola Administración a través da comisión de seguimento que vén de convocar trala campaña de denuncia emprendida polo SLG en xaneiro de 2013", sinalan.
Os propios viticultores son os responsables dos préstamos destinados a pagar a mesma uva que eles mesmos venden
Ademais, os viticultores afectados sinalan que a Lei contra a Morosidade obriga a pagar os produtos perecedoiros no prazo máximo dun mes.
Neste senso, segundo denuncian "o costume das adegas de pagar a vendima un ano e pico despois da súa compra é flagrantemente ilegal, e as axudas do Igape destinadas a adiantar os cartos ás explotacións vitícolas Medio Rural" insta a convocatoria da comisión de seguimento da D.O. Rías Baixas para tratar os impagos das adegas tralas denuncias do SLG "estarían avalando unha práctica delictiva".
Antes, as adegas pedían préstamos para poder pagar a uva que mercaban sen ter que agardar a vender o viño; sen embargo, hoxe prodúcese unha situación "inaceptable" na que os propios viticultores son os responsables dos préstamos destinados a pagar a mesma uva que eles mesmos venden, de maneira que "non só non cobran polo produto do seu traballo, senón que custean e avalan o financiamento das adegas que se lucran transformando os seus acios en viño".
Relacionadas:
-
Os viticultores seguen sen cobrar a uva vendida na colleita de 2011
Por Redacción |
-
Adegas e viticultores serán convocados para resolver o problema da falta de pagamento
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman á Xunta unha solución aos impagos da vendima de 2011
Por Redacción |
-
Centos de viticultores seguen sen cobrar a vendima de 2011 ao ficar sen fondos os pagarés das adegas
Por Oskar Viéitez |