Tenorio celebra o sábado a Festa do pan de millo e ovo
Por Oskar Viéitez
A parroquia de Tenorio vai celebrar este sábado 23 de setembro a III Festa do pan de millo e ovo, que contará co pregón de Xurxo Souto, ex líder da banda Os Diplomáticos de Monte Alto, e con once actuacións musicais, así como unha chea de actividades para todos os públicos.
A cita gastronómica foi presentada esta xoves en Carballedo polo presidente municipal, Jorge Cubela, e representantes da comisión organizadora, integrada por membros da Asociación Cultural Foula.
Actuarán Os Papaventos, Os Abrentes, Os Afoutes, Nocturnos, Airiños de San Xulián, a banda infantil, Laroá, Oval, Seitura, Taghaitai e Adarve.
O Concello de Cerdedo-Cotobade aposta polo seu potencial gastronómico con outras festas de exaltación adicadas ao petote, o requeixo, o becerro ecolóxico ao espeto, a filloa ou o caracol, entre outros.
Relacionadas:
-
RADIO.- Laroá amalgama música, danza e videocreación na súa xira Camiños
Por Marisa Ciordia |
-
A exaltación ao Bolo de San Martiño en Borela pecha as festas gastronomicas no municipio
Por Redacción |
-
A Festa do Petote reivindicará o domingo en Carballedo "a importancia das mulleres do rural galego"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |