Os traballadores de limpeza da Xunta manterán as súas protestas ata que se cumpran os seus dereitos
Por Oskar Viéitez
Convencidos de que esta é unha "cuestión de resistencia" e que "tanto a empresa como a Xunta" esperan "que nos cansemos" e que o conflito se apague, os traballadores de limpeza da Xunta volveron este xoves a levar a súa protesta ante o edificio administrativo de Campolongo.
O secretario xeral de Fes-UGT, Ernesto Fontanes, denunciou que a empresa incumple as táboas salariais.
"Non hai negociación porque a empresa desde hai mes e pico non respostou aos plantexamentos globais para dar unha solución aos tres despedimentos que levaron a cabo", dixo Ernesto Fontanes "dá a impresión de que aquí o que se pretende e que nos cansemos".
Desde o sindicato UGT insistiron en que a Xunta non pode permanecer allea a este conflito "porque non se están a cumplir os pliegos de condicións de presenzas de persoas e a Xunta está a mirar para outro lado".
Os traballadores de limpeza da Xunta aseguraron que manterán as súas protestas ata que se cumpran os seus dereitos.
Relacionadas:
-
Despedimentos, baixas e vacacións sen cubrir deixan "sobrecarga" de traballo a traballadores de Limpisa na Xunta
Por Natalia Puga |
-
Limpisa acepta negociar coas súas traballadoras unha saída ao conflito
Por Diego Espiño |
-
Limpisa despide ás viúvas dos traballadores arroiados polo tren en Valga
Por Anxo Lourido |
-
O persoal de limpeza da Xunta protesta ante os recortes sufridos polo persoal
Por Diego Espiño |