A obra humana de Isaac Diaz Pardo segue viva en Tomeza
Por Redacción & Diego Torrado
O centro social de Lusquiños, en Tomeza, acolleu este sábado a segunda edición da Festa da Investigación, unha celebración que quixo impulsar a escritora pontevedresa Loli Beloso Neira para que a obra humana do intelectual Isaac Diaz Pardo continúe. Para apoiala neste obxectivo, acudiron á cita o catedrático e investigador Ángel Carracedo e un nutrido grupo de veciños.
A festa busca concienciar sobre a importancia da investigación científica como clave para o progreso e a transcendencia dos pequenos mecenas e, ao mesmo tempo, render homenaxe a Diaz Pardo e á súa muller, Carmen Arias, tamén coñecida como Mimina, tras a súa morte.
Ciencias, arte, música e letras déronse a man no centro social de Lusquiños cun fin benéfico nunha festa amenizada polo grupo de pandeireteiras As Estreliñas de Tomeza.
Unha das asistencias máis esperadas era a de Ángel Carracedo, director da Fundación Medicina Xenómica dá USC, a institución á que van destinados os beneficios de todos os libros de Loli Beloso e deste acto, co fin de apoiar a investigación do cancro.
Relacionadas:
-
"Éxito rotundo" da Festa da Investigación de Tomeza, que entregou 3.500 euros para a investigación do cancro
Por Redacción |
-
Pontevedra lembra a Carmen Arias, Mimina, "a xoia máis marabillosa de Isaac Diaz Pardo e Galicia"
Por Natalia Puga |
-
A pegada de Diaz Pardo resiste á covid-19 e segue a marcar o camiño da festa da investigación en Tomeza
Por Natalia Puga |
-
Homenaxe a Isaac Díaz Pardo en Tomeza polo centenario do seu nacemento
Por Natalia Puga |
-
O legado cultural e humano de Isaac Díaz Pardo analízase na Casa da Cultura de Lérez
Por Redacción |
-
Neira Vilas, Carracedo, Loli Beloso ou como a literatura pode desbancar un Madrid-Barça
Por Natalia Puga & Diego Torrado |