A oficina central de Novagalicia Banco en Pontevedra abrirá tamén polas tardes desde maio
Por Alejandro Espiño
Máis da metade de oficinas de Novagalicia Banco abrirán polas tardes desde o próximo 6 de maio. Entre elas, a sede central da entidade en Pontevedra, na rúa Augusto García Sánchez, e as situadas en Augusto González Besada, que dá servizo a particulares e a empresas. Son dúas das 102 sucursais, dun total de 190, coas que atenderá aos seus clientes en horario de mañá e tarde.
Esta rede incorporará durante todo o ano, de luns a xoves, a franxa horaria que vai desde as 16:30 ás 20:00 horas, excepto durante os meses de xullo e agosto. A medida está enfocada a mellorar as prestacións aos clientes, á vez que conserva 290 postos de traballo.
Nun comunicado de prensa, o director xeral de Novagalicia, Juan Díaz Arnau, destacou que con esta decisión "o banco reforza a súa capacidade de servizo nas zonas con maior densidade de clientes, é dicir en localidades con máis de 10.000 habitantes ou máis de 5.000 clientes da entidade".
"Avanzamos nun novo modelo de relación cos clientes. Ao ampliar a franxa horaria buscamos mellorar a atención comercial e adaptarnos mellor ao que o cliente necesite", sinalou pola súa banda Gabriel González Eiroa, director comercial. A medida permite dispoñer de oficinas abertas polas tardes en municipios nos que reside o 63% da poboación galega.
Das 102 oficinas que Novagalicia abrirá nesta primeira fase, 10 están en localidades de menos de 11.000 habitantes; 13 en poboacións entre 11.000 e 15.000 habitantes; 14 en poboacións entre 16.000 e 26.000 habitantes; 13 en localidades de entre 27.000 e 75.000 habitantes; 15 entre 75.000 e 100.000 habitantes; e 37 oficinas en poboacións de máis de 100.000 habitantes.
Ademais das tres oficinas de Pontevedra, entre as sucursais de Novagalicia Banco que abrirán mañá e tarde se atopan dous en Vilagarcía de Arousa (Praza de Galicia e a oficina de empresas), unha en Caldas de Reis (rúa José Salgado), unha en Bueu (rúa Eduardo Vicente), unha en Sanxenxo (rúa da Igrexa), unha en Cambados (praza do Concello), dúas en Marín (rúa Jaime Janer e a situada no Porto) e unha en O Grove (rúa da Praza).