O Plan Social de Ence activa a aceleradora empresarial Ría de Pontevedra a través de AJE
Por Redacción
A sede da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) acolleu este martes a presentación da aceleradora Ría de Pontevedra financiada con 20.000 euros procedentes do Plan Social de Ence.
O director territorial da empresa pasteira, Antonio Casal, acompañado polo presidente de AJE Pontevedra, Pablo Fernández e o responsable de Eosa, Antonio da Cruz, explicaban esta iniciativa aos promotores de 15 propostas emprendedoras das que se seleccionarán 7 para participar neste proxecto da aceleradora.
As iniciativas empresariais deben contar con menos de 42 meses de existencia, atoparse no ámbito de Pontevedra, Poio e Marín e estar marcadas por obxectivos de sustentabilidade ambiental. Os proxectos seleccionados serán titorizados durante tres meses cunha fase final que se centrará na procura de investimentos que poidan impulsalos para que teñan continuidade.
Antonio Casal afirmou que estaba convencido sobre o éxito dos proxectos que fosen seleccionados. E tamén indicou que os non escollidos para esta proposta tamén contarían con asesoramento e apoio desde AJE coa finalidade de seguir creando riqueza na comarca de Pontevedra.
Relacionadas:
-
A Asociación de Jóvenes Empresarios pide medidas para fomentar a natalidade
Por Anxo Lourido |
-
Presentan un obradoiro de papel artesanal feito a man, coa pasta de celulosa de ENCE
Por Redacción |
-
Os novos empresarios de Pontevedra convocan nova edición dos seus premios anuais
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Marín asina coa empresa Ence o convenio do Plan Social 2017
Por Oskar Viéitez |
-
Aempe pon en marcha un curso gratuíto de dirección de empresas dentro do Plan Social de Ence
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Ence entrega as axudas a 26 asociacións veciñais na terminal de Ceferino Nogueira
Por Anxo Lourido |
-
O Plan Social de Ence apoia os proxectos de 23 entidades para a recuperación e coidado da contorna
Por Redacción |