Barro quere a súa propia piscina municipal
Por Redacción
O Concello de Barro non tardou en presentar o seu propio proxecto á nova liña de axudas aberta pola Deputación de Pontevedra para obras singulares en concellos de menos de 20.000 habitantes. A súa idea é construír a súa propia piscina municipal.
Este proxecto, no que o goberno municipal leva tempo traballando, viría a dotar ao concello dun novo equipamento deportivo e de ocio, do que carece actualmente.
O orzamento da piscina sería de 358.488 euros, polo que non se podería levar a cabo só con fondos propios, polo seu custo en relación ao orzamento municipal.
En caso de obter ese apoio económico da Deputación, este proxecto executaríase nunha parcela municipal en fronte do instituto.
Os terreos, aseguran desde o Concello, contan coa catalogación urbanística necesaria para acoller este tipo de equipamentos.