O Hefesto achégase este ano ao mundo da arte
Por Redacción
A Concellaría de Benestar Social Municipal centra este ano o programa Hefesto no mundo da arte a través creadores locais. Co título Arte Inclusiva, o proxecto ten como finalidade promocionar a inclusión social e a participación activa das persoas con discapacidade na dinámica cultural da cidade.
Establecerase un entorno onde persoas con diversas capacidades poidan compartir unha experiencia artística común mediada por artistas locais. Crearase unha canle de relación que rompa barreiras sociais e normalice coma algo cotián os espazos de convivencia inclusivo.
As asociacións que participarán no Hefesto 2017 son Amencer, Asociación Amizade, XOGA, Asociación Juan XXIII e Xuntos Asociación Síndrome de Down. As datas nas que se impartirán estas xornadas, dirixidas polo equipo de Martina Dadá son:
- 6 de outubro. 10:30 a 13:30 (Casa Azul). Graffiti Hefesto por O'Ras
- 3 de outubro. 10:30 a 13:30 (Casa Azul). Estudio escultórico do voo dun paxaro en escaiola por Basilisa Fiestras.
- 20 de outubro.10:30 a 13:30 (Casa Azul). Refuxios Sensoriais por Román Corbato.
A Concellaría reserva 15 prazas por xornada para as entidades participantes no Hefesto, pero tamén abre a posibilidade de que o público en xeral se poida anotar. Para estes casos están reservadas cinco prazas por sesión.
Para anotarse hai que cubrir un formulario en http://www.pontevedra.gal/hefesto-2017/
Relacionadas:
-
Cando a inclusión tamén chega á vida cultural da cidade
Por Mónica Patxot |
-
RADIO.- Os heroes voan e tamén van en cadeira de rodas
Por Marisa Ciordia |
-
Amizade presenta preto de 200 queixas na Xunta pola inaccesibilidade das oficinas de consumo
Por Oskar Viéitez |
-
A perda auditiva, unha "discapacidade invisible" que afecta a unha persoa por fogar
Por Mónica Patxot & Natalia Puga |
-
Gala Hefesto 2015. Feliz día da (dis)capacidade
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Eu tamén teño dis-capacidade! Hefestízate!
Por Redacción |
-
Unha cidade accesible porque "as persoas con discapacidade non só paseamos"
Por Redacción |