Os drons chegan aos colexios de Meis
Por Redacción
O IES de Mosteiro e o colexio público de Armenteira, en Meis, terán este curso escolar unha nova actividade extraescolar innovadora. Trátase dunha formación de índole tecnolóxica que achega ao alumnado ao mundo dos drons.
'Drons: Iniciación e Aplicacións' é unha actividade de TeloCrea Drons e Aeromar Drons que conta coa colaboración do Concello de Meis e impartirán pilotos avanzados de drons titulados pola AESA e os seus monitores colaboradores.
O obxectivo desta actividade é que os alumnos aprendan o funcionamento básico destas aeronaves a través dun manual de alto valor didáctico, adaptado a cada grupo de idade. Aprenderán nocións elementais da física do voo, aerodinámica, mecánica de fluídos, meteoroloxía, elementos dun dron, despezamento e como funcionan, e familiarizaranse coa normativa vixente e as múltiples aplicacións dos drons á vida profesional.
Os drons, cedidos polo Concello para a celebración do curso, serán os Syma X5C, dotados de cámara 2K, ideais para a aprendizaxe polas súas especiais características de eficacia de voo e durabilidad. Os alumnos tamén realizarán exercicios de toma de fotos e vídeos que, ademais, aprenderán a editar.
As inscricións poderán realizarse na Concellería de Cultura e Educación do Concello de Meis a través do teléfono 986 712 500.