Reclaman a reforma de Médico Ballina ante o mal estado das beirarrúas
Por Redacción
Veciños da rúa Médico Ballina reclaman do goberno local unha intervención do goberno local nesta contorna. Sinalan que levan máis de dous anos esperando pola reforma desta rúa, que fora prometida polo concelleiro Luís Bará.
Indican que ata o momento non se levou a cabo cambio algún nesta vía a pesar de que se expuxo a reforma das beirarrúas e a mellora da iluminación, entre outras actuacións.
Os veciños afirman que a rúa se atopa abandonada e que o goberno de Fernández Lores está a facer investimentos só no centro da cidade.
Indican que as beirarrúas de Médico Ballina atópanse en mal estado coas baldosas rotas e coa vexetación crecendo nesta contorna urbana debida á falta de mantemento. Ademais, denuncian que algúns tramos son inaccesibles para persoas que precisen moverse cunha cadeira eléctrica ou pasear cun carro de bebé.