Cinco séculos de tradición ben valen un corte de tráfico
Por Oskar Viéitez
A Moureira, o antigo barrio mariñeiro da cidade, será escenario, un ano máis, da emblemática procesión do Viático que desde o século XV leva, en cumprimento do precepto pascual, a Comuñón aos enfermos e impedidos da parroquia.
Con tal ocasión os veciños elaborarán alfombras con tapices florais confeccionados na tarde e noite anterior con pétalos, borra de café, sal, follas e fiuncho.
Será o sábado 6 a partir das 15 horas ata as 12 horas do domingo día 7 de abril e supón o peche ó tráfico nas rúas San Guillerme, Jofre de Tenorio e Irmáns Nodales.
Do mesmo xeito prohíbese o estacionamento de vehículos, a partir das 15 h, do sábado ata as 12:00 do domingo 07 de abril nas rúas San Guillerme, Jofre de Tenorio, Campo da Torre, Juan Villaverde, Irmáns Nodales.
Procesión Viático, Domingo 7
A partir das dez da mañá con saída desde Arcebispo Malvar (dende escalinatas Basílica Santa María), e pasando por San Guillerme, Jofre de Tenorio, Concepción Arenal, Alfonso XIII, Paseo Colón, Monteleón, Almirante Matos, Campo da Torre, Juan Villaverde, Irmáns Nodales e remate na Capela de San Roque.
O paso da procesión provocará peches e desvíos de tráfico, si ben tratarase de restablecer o tráfico a medida que pase a procesión.