A Deputación corrixe as polémicas bases de admisión nos campamentos
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra modificou as bases que regulan a admisión nos campamentos de verán do Centro de vacacións da Lanzada.
Reacciona así a institución provincial trala polémica suscitada polo BNG este martes que acusaba á Deputación de "excluír expresamente" aos nenos discapacitados dos seus campamentos de verán, xa que recolle nas bases que non poden inscribirse nesas actividades os "menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias".
A deputada Marta Iglesias (PP), responsable dos Servizos Sociais no Organismo, explicou este venres que tras reunirse con representantes da Federación de Asociación de Nais e Pais decidiron "retirar esa cláusula tal y como venía en las bases y añadir otra a propuesta de la Federación".
En concreto elimínase no apartado das solicitudes o texto...
"Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades."
Dende a dirección do Centro Príncipe Felipe e o Centro de Vacacións A Lanzada, o Coordinador Xeral e a deputada, propuxeron a modificación deste párrafo polo seguinte:
"No caso de que o solicitante precise apoio específico derivado da súa diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as necesidades especiais que presente. Neste caso, recoméndase ás familias poñerse en contacto coa Deputación Provincial no teléfocno 986 804 100 para a valoración das necesidades de apoio en relación aos medios específicos dispostos para este fin e dirimir a súa suficiencias para una adecuada estancia de todos os rapaces no campamento."
Marta Iglesias insistiu en que a cláusula agora "ya lleva alrededor de doce años en las bases" e engadiu que "es exactamente igual a las cláusulas de otras administraciones como la propia Xunta de Galicia cuando Anxo Quintana era vicepresidente responsable de Benestar".