O Concello prevé executar un aval para reparar os desperfectos do paseo da avenida de Marín
Por Redacción
O Concello de Pontevedra reclamará, nuns días e por segunda vez, á construtora adxudicataria do proxecto de construción do paseo marítimo da avenida de Marín que acometa as obras de reparación necesarias para eliminar os desperfectos detectados, que se concentran, principalmente, nos pasos de peóns elevados.
O Concello xa traballa na posible execución do aval do proxecto, valorado en algo máis de 120.000 euros, antes de que remate o prazo de garantía da obra que será ao longo do mes de maio. ÿ así, porque a empresa Hidroscivil, que realizou este proxecto, atópase nun proceso concursal que, probablemente, obrigará a executar o aval para poder acometer as reparacións pertinentes.
Nos últimos meses os técnicos municipais realizaron varias visitas ás obras da avenida de Marín detectando pequenos desperfectos no paseo e, sobre todo, nos pasos de peóns elevados. Ante esta situación, requeríuselle por vez primeira á empresa que iniciase os traballos de reparación, sen obter resultado.
Neste caso, ante a singulalrdade do proceso que vive a construtora poderase tardar un pouco máis en reparar os desperfectos, pero dende o Concello aseguran que están a realizar toda a tramitación administrativa pertinente para que no prazo máis breve se podan executar as reparacións.