Para estas bandeiras si hai unidade
Por Mónica Patxot
As bandeiras foron este xoves as protagonistas da xornada en Pontevedra. Non eran a española nin a catalá que estes días copan os enfrontamentos e fotografías de actualidade, senón a famosa 'banderita' de Cruz Vermella, un dos elementos máis emblemáticos da Institución, con máis de 100 anos de historia.
Voluntarios e traballadores de Cruz Vermella recadaron fondos en rúas de toda a cidade para o funcionamento da entidade e os seus proxectos coas persoas máis desfavorecidas. Estiveron nas prazas da Peregrina, A Ferrería, San José ou España, nos arredores da Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra e na rúa Benito Corbal.
Ademais, este ano, como novidade, Cruz Vermella instalou unha carpa na praza da Peregrina. Entre as 12.00 e as 20.00 horas, mostraron os distintos proxectos da actividade e realizaron actividades con nenos, os grandes protagonistas do día, ademais de permitir aos pontevedreses medirse a tensión.