Xulgan a Antonio Carballa, a súa familia e outros tres homes de palla por branquexar diñeiro do narcotráfico dende 1994
Por Redacción
A Audiencia Provincial de Pontevedra reservou catro días para xulgar unha rede arousana supostamente dedicada ao branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico. Entre os días 8 e 11 de marzo xulgarase sete persoas para as que o fiscal solicita unha pena conxunta de 32 anos de prisión e o pagamento de 19,5 millóns de euros en multa.
O principal acusado e presunto líder da rede é o narcotraficante Antonio Carballa Magdalena, para quen o fiscal pide seis anos de prisión e unha multa de dez millóns de euros por un delito continuado de branqueo de capitais. Ademais, o fiscal pide cinco anos de prisión para a súa esposa, M.L.G.I., e a súa filla, B.C.G.; e catro anos para o seu xenro e outros tres veciños do Salnés. Para a súa muller solicita o pagamento dunha multa de 3,6 millóns e para a súa filla, 1,2 millóns.
Segun o fiscal, toda a rede branquexaba o diñeiro que obtiña Antonio Carballa das súas actividades de tráfico de drogas. A súa vinculación co narcotráfico remóntase ao ano 1983, cando foi condenado a tres anos de prisión pola Audiencia de Pontevedra a tres anos de prisión. Dende entón, tamén foi condenado a 1988 e 1998 pola Audiencia de Pontevedra e a Audiencia Nacional e o seu nome figura en investigacións por tráfico de drogas de Vixilancia Aduaneira e da Policía Nacional.
A operación Patas do ano 2011 sacou á luz os feitos que se xulgarán durante a próxima semana, cunha investigación que revelou que os outros seis procesados actuaban como "homes de palla" de Carballa Magdalena e dende o ano 1994 adquiriron terreos, bens mobles e inmobles e investimentos diversos cuxo autético titular era el.
O fiscal considera que o home "se veu enriquecendo ilicitamente co produto da venda de substancias estupefacientes, creando toda unha armazón de persoas interpostas, sociedades e outras formas xurídicas diversas, coa única finalidade de ocultar e evitar que o produto desta actividade ilícita chegase a figurar nalgún momento ao seu nome, posibilitando desta forma a súa entrada no tráfico mercantil, ocultación e transformación, logrando con iso crear unha aparencia de licitude dos ingrseos daquela ilícita procedencia".
Relacionadas:
-
Condenan o 'narco' Carballa, a súa muller e a súa filla, pero absolven o seu xenro e dous supostos homes de palla
Por Redacción |
-
O 'narco' Carballa lamenta que o seu pasado "arrastre" a súa familia e intenta reinserirse dende 1995
Por Natalia Puga |
-
Coches, motos e terreos millonarios, todo comprado en cash pola familia de Antonio Carballa
Por Natalia Puga |
-
O diñeiro non viña da droga, estaba gardado debaixo do colchón
Por Natalia Puga |