A festa do Marisco recada cen mil euros menos que o ano pasado
Por Oskar Viéitez
Cabería pensar outra cousa despois do titular, pero o certo é que a organización da Festa do Marisco fai un balance final positivo.
A facturación case alcanza o medio millón de euros (480.000) e se despacharon máis de 103.000 racións. Con todo, ingresáronse cen mil euros menos que no 2011, unha circunstancia que desde o Concello se achaca á coincidencia do Día do Pilar en venres, o que recortou tres días a festa.
Non houbo merma no número de visitantes, pero si no gasto que estes fixeron, o que demostra que se mantén o tirón turístico. Como contrapartida os hoteis da comarca rexistraron un elevado nivel de ocupación hotelera en pleno mes de outubro.
O prato máis vendido foi o polbo, seguido de diferentes tipos de empanadas e do arroz de marisco. En canto ás racións o palmarés foi en primeiro lugar para as zamburiñas, seguidas polas ostras e os langostinos á prancha.
Tras dez días de cita gastronómica, O Grove prepárase agora para a vindeira edición, será a número 50 e promete non deixar a ninguén indiferente.