O luns 8 iniciase a actividade no polémico centro de acollida de cans da Deputación na Armenteira
Por Redacción
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, visitou as polémicas instalacións do Centro de acollida e protección de cans (CAAN) na Armenteira. Acompañado polos alcaldes de Meis e Meaño, Louzán recorrió o recinto e explicou que o centro conta con capacidade para 500 animais e "conta cun grande equipamento técnico e de persoal; promoverá iniciativas para a redución de abandonos, levará cabo actividades didácticas en centros escolares, e ten posibilidades de ampliación non futuro para dar cabida a máis animais".
Neste sentido sinalou que garantirá o máximo respecto ás necesidades, ao bens e aos dereitos dos animais adiantándose ao marco juridíco solicitado pola Eurocámara. Desta forma, negou que se fose a sacrificar os animais abandonados, tal e como se criticou por parte das asociacións de protección de animais.
O máximo responsable da Deputación sinalou que 48 concellos da provincia se verán beneficiados por este servizo de acollida de animais abandonados e evitará que se produzan situacións de perigo que estes caninos poderían provocar nas distintas localidades.
No caso de que un cidadán se encontre un can abandonado deberá poñerse en contacto co seu concello para solicitar a intervención do CAAN. Unha vez que o animal sexa acollido, un veterinario e tres coidadores encargaranse dos coidados e tratamentos do animal ata que sexa recollido polo seu propietario. En caso de que careza de chip identificativo e ninguén responda polo can, iniciarase un procedemento administrativo e sancionador cara ao seu responsable.
Neste suposto de abandono, o Centro favorecerá a súa adopción de xeito totalmente gratuíto.
O CAAN entrará en funcionamento este luns 8 de abril.