A Feira Franca seguirá sendo día laborable en 2018
Por Redacción
Marea Pontevedra quería trasladar un dos festivos locais á xornada de celebración da Feira Franca, que coincide no primeiro sábado de setembro para que o comercio local poida formar parte da festa medieval. Pero a súa proposta non contou co apoio do resto de agrupacións políticas que forman parte da comisión de Cultura, celebrada este mércores no Concello de Pontevedra.
Desta forma, todas os grupos, agás Marea Pontevedra que se abstivo, apoiaron a proposta de manter como festivos locais o Mércores de cinza, que en 2018 coincidirá co día dos namorados, o 14 de febreiro, e o 11 de xullo, data de celebración da festividade de San Bieito de verán, segundo informou a concelleira de Cultura Carmen Fouces.
NON AO TRASLADO DE PETRÓGLIFO DE SALCEDO
A moción do Partido Popular de trasladar o petróglifo de Salcedo para poder acometer o proxecto orixinal do campo de fútbol de Salcedo rexeitábase na comisión cos votos en contra do BNG e de Marea Pontevedra e coas abstencións do PSOE e de Cidadáns.
Carmen Fouces explicou que hai que manter o patrimonio e que xa se estableceu un acordo co Consello Parroquial para a cesión doutro terreo onde está prevista a construción do campo.
Por outra banda, os integrantes da comisión decidiron deixar para outra sesión a proposta do BNG, amparada na decisión plenaria de utilizar nomes de muller para denominar espazos públicos, de outorgarlle o nome Maruxa Mallo á sala de exposicións do Pazo da Cultura e pasar a denominar Ernestina Otero á rúa que no campus universitario conecta coa Facultade de Ciencias Sociais.
Relacionadas:
-
Adeus Peregrina! Ola Feira Franca!!!
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O PP propón trasladar o petróglifo aparecido en Salcedo para construír o campo de fútbol
Por Redacción |