O maxistrado Hipólito Hermida Cebreiro. funeral en Marín
Por Redacción
Ás cinco da tarde deste domingo sairá o cortexo fúnebre do Tanatorio San Marcos de Marín ata o cemiterio da Raña onde se dará sepultura ao maxistrado marinense Hipólito Hermida Cebreiro. Un home de 81 anos que é recordado porque durante moitos anos exerceu como maxistrado na Audiencia de Pontevedra e ocupou a praza de presidente da Sección cuarta.
A súa morte coñeceuse durante a tarde do venres e produciuse debido a unha doenza cardíaca que padecía.
O funeral celebrarase este luns día 8 de abril ás cinco da tarde no Templo Novo.