Continúan os traballos para a creación dun cortalumes natural no monte de Santa Cristina de Cobres
Por Redacción
O presidente da xunta reitora da comunidade de montes de Santa Cristina de Cobres, César Blanco, informou que esta semana está previsto que rematen os traballos da primeira fase de creación dunha devasa natural no monte veciñal consistente na apertura dun cortalumes de 40 metros de ancho e cunha lonxitude de 1.304 metros entre o núcleo habitado de Vilar e o lugar de Outeiro dos Asubións.
Esta franxa vai paralela ao linde co monte veciñal de San Martiño de Vilaboa.
Esta franxa descorre entre unha masa forestal maioritaria de eucalipto glóbulus moi densa, pero con pouco valor comercial, pois é o resultado dos brotes que xurdiron a partir do lume que asolou a zona no ano 1995. Nas primeiras 3,5 hectáreas de franxa realizada a produción de madeira non chega ás 300 toneladas (297,12), o que dá unha boa idea da baixa calidade da madeira.
Nas vindeiras semanas comenzarán os traballos de triturado dos restos e de prantanción dos máis de 6.000 pés de frondosas autóctonas do xénero Castanea e Quercur (castiñeiros e carballos principalmente) que cosntituirán a devasa natural.
Estes traballos de loita contra o lume correspondentes ao ano 2017 seguen aos desbroces realizados nas beiras de 13,04 quilómetros de viais do monte comunal no que se investiron 4.700 euros con cargo á subvención para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios e aos traballos de silvicultura en masas de coníferas nos que se investiron 23.700 euros con cargo á subvención de fomento da silvicultura en bosques no medio rural, que dan continuidade lineal á devasa de frondosas que se está acometendo.
Relacionadas:
-
Último aviso do Concello de Vilaboa para a roza de terreos privados
Por Redacción |
-
O retraso de Patrimonio pon en perigo dous proxectos de parques forestais en Santa Cristina de Cobres
Por Oskar Viéitez |
-
Lourizán transforma catro hectáreas de eucaliptal nunha plantación de castiñeiros
Por Redacción |
-
Concello, Universidade e comuneiros alíanse para crear devasas vexetais nos montes de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |