Os socialistas reclaman á Xunta medidas "contundentes" contra a plaga velutina
Por Redacción
A Xunta de Galicia debe implicarse "moito máis", segundo o PSdeG-PSOE, para combater a praga da vespa velutina. De aí que os socialistas presenten unha moción ao pleno da corporación municipal de Pontevedra para instar ao goberno galego a adoptar medidas "contundentes" para frear o avance desta especie.
O voceiro do PSdeG-PSOE, Agustín Fernández, recorda que a velutina ataca as colmeas e causa un dano irreparable sobre a polinización natural das flores e das árbores frutais.
"É urxente a súa declaración como praga porque iso é o que é. Se non adoptamos medidas máis activas, a proliferación continuará e iremos cara a un desastre medioambiental", sinala o dirixente socialista.
No caso de Pontevedra, recoñece Fernández, se están a adoptar medidas positivas. "Non teño reparos en recoñecer que o Concello está a facer todo o que pode e algo máis pero a responsabilidade directa recae na Xunta e hai que esixir máis implicación", sinalou.
O plan de vixilancia e control posto en marcha no 2013 "fracasou totalmente", recorda o edil do PSdeG-PSOE, que sinala que a velutina está presente en máis de 200 concellos e só na provincia de Pontevedra lévanse retirado mais de 1.900 niños no primeiro semestre do ano.
"Hai que estar cego para non ver que isto é un problema de primeira magnitude que pode ter efectos moi graves sobre o ecosistema", di Fernández.
Os socialistas, xunto con cualificar a velutina como praga, piden crear unha partida económica para a investigación dos métodos máis axeitados para o control e eliminación da velutina e a creación de equipos especiais para a eliminación dos niños.
Relacionadas:
-
A Deputación financia unha investigación da Universidade de Vigo para frear a expansión da avispa velutina
Por Oskar Viéitez |
-
230 niños de velutina retirados en cen días en Pontevedra
Por Redacción |
-
As avespas velutinas aniñan ata en torres eléctricas
Por Redacción |
-
RADIO.- Unha raíña e doce machos que conseguiron invadir Europa
Por Marisa Ciordia |
-
Os concellos intentan facerlle fronte á invasión de avespas velutinas
Por Redacción |