Unha soa monxa mantén aberto o Santuario das Aparicións
Por Oskar Viéitez
O pasado martes 2 de abril falecía aos 84 anos de idade Sor Martina Gómez Martín. Ela era a Superiora do Santuario das Aparicións de Pontevedra e coa súa perda tan só queda unha monxa á fronte deste centro de culto, Sor Benedicta.
A continuidade deste recinto é unha cuestión importante para a Igrexa xa que este lugar recibe anualmente preto de 200.000 visitas, sobre todo de Portugal. E foron máis de 300.000 o último ano Santo. E é que o de Pontevedra está considerado o terceiro santuario mariano, logo de Lourdes e Fátima, aínda que siga sendo un gran descoñecido entre os pontevedreses.
O Santuario esta situado en pleno centro histórico, fronte á Casa Azul, e segundo a Igrexa, nel aparecéuselle por segunda vez a Virxe a sor Lucía, a carmelita de Fátima, e non unha senón dúas ocasións máis.
Ocorreu en decembro de 1925 cando á novicia volvéuselle a aparecer a Virxe, oito anos logo de Fátima, na cela onde se preparaba para ser monxa nesta antiga casa das Doroteas. Posteriormente, o 15 de febreiro de 1926 volvéuselle a aparecer o neno Xesús, foi no xardín da casa cando a monxa realizaba unha dos seus labores domésticos.
No 75 aniversario da aparición, Juan Pablo II bendixo estas instalacións e concedeulles a categoría de santuario, agora tocaralle ao Papa Francisco dotar de persoal a este recinto, xa que a alternativa do peche, polo momento, está totalmente descartada.