10 euros ao mes por cada funcionario, gasto de telefonía no Concello de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Non é dos concellos, nin moito menos, que máis gastan en telefonía. Cada funcionario do Concello de Pontevedra gasta unha media de 10 euros en teléfono ao mes, ao que habería que sumar outros sete euros polo servizo de datos. E todo iso, incluíndo na factura departamentos como Policía Local, Bombeiros e Servizos Sociais, que necesitan do teléfono para gran parte das súas xestións.
"Gastamos moito menos que calquera cidadán, que xa gasta iso só non aluguer da liña", destacou o concelleiro de Facenda, Raimundo González, quen informou da adxudicación dos novos contratos, aprobados este luns pola Xunta de Goberno municipal.
A empresa galega R será a encargada, a partir de agora, de proporcionar o servizo de telefonía fixa e datos ao Concello de Pontevedra. Farao por 83.000 euros, un 27% menos do prezo fixado no pliego de licitación. Pola súa banda, Telefónica España é a empresa que se fixo co servizo de telefonía móbil. No seu caso tras ofertar un contrato de 20.000 euros anuais, un 62% menos do previsto inicialmente.
En todo caso, Raimundo González destacou que o importante destes contratos non é o prezo, senón os 'extras' que o acompañan. Especialmente o acordo coa compañía R, que inclúe aumentar a capacidade das liñas, instalar novas centraliñas na Policía Local e Bombeiros, a donde chegará a fibra óptica, e aumentar a velocidade de datos dos 20 megas actuais aos 100 megas.
"ÿ unha oferta moi boa para o Concello, porque conseguimos unha rebaixa sustancial da factura que estamos abonando e melloramos sustancialmente o funcionamento do servizo", indicou o edil nacionalista.