A matrícula escolar supón este ano o pagamento dunha taxa e facer cola
Por Oskar Viéitez
As oficinas do Padrón Municipal de Pontevedra traballan a lume de biqueira pola apertura do prazo de matrícula nos centros escolares.
O trámite presenta este ano a novidade da presentación dun certificado en lugar dun volante de empadroamento, como viña sendo ata agora. Isto supón o pagamento dunha taxa de 5,37 euros e que os pais tardan varios días en obter o documento.
A Consellería de Educación esixe este novo requisito para evitar a fraude na matriculación no caso de algúns nenos en aqueles centros que non lles corresponden por criterios de proximidade, e sinala que o cobro ou exención da taxa é unha potestade municipal que o Concello podería evitar aos seus cidadáns.
Segundo explicou o voceiro muncipal, Raimundo González, para o Concello este cambio supón "un transtorno grave xa que en primeiro lugar significa un mareo para os pais que teñen que vir aquí súas veces, a facer o certificado e logo a recollelo, mentras que coa nota simple que se daba antes non había absolutamente ningún problema".
Además do "mareo" para o cidadán, para os empregados do concello tamén é un transtorno, dixo o concelleiro, xa que implica que hai que dedicarlle moito máis tempo de traballo ordinario, que coa simple nota informativa que nunca orixinou ningún problema.
"Con independencia de que implique uns ingresos para o concello os incordios que provocan son moi superiores a eso", rematou Raimundo.