O PP pedirá explicacións sobre a polémica do Servizo de Axuda no Fogar nunha comisión extraordinaria
Por Natalia Puga
O grupo municipal do PP convocou unha sesión extraordinaria da Comisión de Economía e Facenda de Pontevedra para pedir explicacións ao goberno local sobre o procedemento administrativo que se seguiu nas últimas semanas en relación co servizo de axuda no fogar, no que o Concello viuse obrigado a realizar un contrato ponte de urxencia para non deixar sen servizo aos seus 160 usuarios e garantir a cobertura laboral ás 84 traballadoras.
Tras vencer a última prórroga subscrita coa empresa Clece, e unha vez que esta firma rexeitou continuar ata adxudicar o novo contrato, o Concello realizou un contrato ponte con Galaurea para que se faga cargo do servizo mentres se tramita un contrato eventual a través dun concurso negociado ofrecido a sete empresas polos meses que se tarde en facer a nova adxudicación. En principio, será ata este martes 24 de outubro.
O concelleiro do PP Rafael Domínguez, que preside a Comisión de Economía, explicou que convocou esta reunión extraordinaria para "saber lo que ha ocurrido" e porque "es la única forma que tenemos de fiscalizar la labor del gobierno" local. Descartan totalmente levar este tema pola vía xurídica, pero si queren explicacións políticas.
O PP deu o paso tras analizar a diferente documentación sobre este asunto e saber que existen informes de Secretaría, Intervención e Contratación que poñen reparos a esta fórmula adoptada polo goberno local para solucionar o problema de que o SAF queda no aire. Un deses informes, facilitados por Rafa Domínguez, é o emitido polo secretario e a xefa do servizo de contratación, que informan favorablemente os pregos e o expediente en cuestión excepto o procedemento negociado sen publicidade por razóns de imperioso urxencia, pois entenden que non se dan as condicións para chegar a ese extremo.
Rafa Domínguez demanda que nesa comisión estean presentes o secretario e a interventora do Concello paraque expliquen os seus informes e tamén queren explicacións sobre por que o BNG sabía desde xaneiro que a empresa Clece non ía continuar prestando o servizo e, aínda así, non "hizo los deberes" en todos estes meses e esperou a actuar ata que o pasado 18 de outubro venceu a última prórroga do contrato.
Domínguez indicou que se partido poñerase "al lado del gobierno local" para solucionar a situación, pero non esquece que se puxo en risco un servizo moi importante para usuarios necesitados e deixouse ás traballadores nunha situación delicada, pois o venres non sabían nin sequera se estaban dadas de alta na Seguridade Social.
O portavoz do goberno local, Raimundo González, indicou que este asunto xa se abordou no último pleno da corporación, pero volverán dar as explicacións necesarias. En todo caso, matiza que descoñece que fonte de información manexa o PP, pero se o que está a facer con esta actuación e esta comisión extraordinaria é avalar á empresa, "está a avalar unha chantaxe", pois Clece tentou chantaxear ao Concello para renovar o contrato cunhas condicións impostas.
Relacionadas:
-
Tres empresas optan ao contrato municipal do Servizo de Axuda no Fogar
Por Oskar Viéitez |
-
O aumento do prezo do SAF obriga a "resetear" os prazos de licitación
Por Alejandro Espiño |
-
A empresa Idades asume o servizo de axuda no fogar ata o novo contrato
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello garante a continuidade do servizo de axuda no fogar a usuarios e traballadores
Por Oskar Viéitez |
-
Clece deixa de prestar o servizo de axuda no fogar en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Sacan a concurso o servizo de axuda no fogar coa previsión de aumentar o número de beneficiarios
Por Natalia Puga |