O Consello da Muller busca un enfoque máis efectivo para a igualdade de xénero
Por Redacción
Este luns tivo lugar a reunión periódica do Consello da Muller. Entre os asuntos da orde do día estivo a avaliación do II Plan Local de Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Marín 2011-2016.
No documento describíronse as distintas fases de avaliación, os seus resultados, o impacto e a valoración deste plan e as recomendacións que arroxa este documento de traballo.
Como conclusión final exponse o encargo de tratar de incorporar con máis efectividade o enfoque integrado de xénero ou transversalidade de xénero, como estratexia a desenvolver en todas as áreas de intervención deste plan.
Este plan arroxa como unha das actuacións máis relevantes a evolución, traballo e implicación do Consello Municipal da Muller hoxe xa consolidado e a mesa de traballo contra a violencia de xénero como instrumento técnico de retroalimentación continua entre diferentes profesionais.
Ademais deste punto, o consello realizou achegas para a celebración dos actos do día 25 de novembro conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero.
Relacionadas:
-
Marín porá en valor o papel da muller no deporte
Por Redacción |
-
A visibilización do papel da muller no deporte centrará os actos do 8 de marzo en Marín
Por Redacción |
-
Pulseiras contra a violencia de xénero en Marín
Por Redacción |
-
O CIM de Pontevedra atende ao ano 700 casos de mulleres maltratadas
Por Redacción |
-
O programa Nós recolle en novembro actividades artísticas con protagonismo femenino
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O Punto de Intercambio Familiar trasladarase á casa principal da Finca de Briz
Por Oskar Viéitez |
-
As asociacións que pertencen ao Consello Municipal da Muller organizan unha Merenda en Igualdade
Por Redacción |
-
O Consello da Muller promove o uso dunha linguaxe non sexista nos trámites administrativos de Marín
Por Redacción |
-
As matronas, protagonistas do Día Internacional da Muller en Marín
Por Redacción |