Unha campaña promove o uso do galego ata a morte
Por Redacción
A colocación dunha placa na entrada do cemiterio de Ponte Caldelas serviu como acto de adhesión do Concello á campaña promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística a prol do uso do galego na cultura funeraria.
Ao acto asistiu o alcalde, Andrés Díaz, e concelleiros do goberno local, formado polos grupos do PSdeG-PSOE, AVP e BNG. Con eles estivo o secretario da asociación, Xosé González Martínez.
Na entrega constatouse que só unha de cada mil lápidas están escritas en galego e só o 2% das esquelas que se publican nos xornais son en galego. "Unha contradicción cando o galego é a nosa lingua e a súa preponderancia é moi notoria en moitas partes do territorio nas que a cultura funeraria exprésase case exclusivamente en castelán", sostén o goberno local.
O acto coincidiu coa véspera das festividades de Defuntos e Tódolos Santos e que serviu tamén para visitar, en compañía do secretario da Asociación de Funcionarios, o camposanto caldelán, que conta cunha rica colección de panteóns, camaríns, esculturas sacras, tapas de lápidas e outros obxectos de arquitectura fúnebre.