A reparación de barcos asegura traballo en Factoría Naval polo menos ata final de ano
Por Diego Espiño
Factoría Naval rematará a final de semana os traballos de reparación no primeiro barco que atraca no estaleiro en máis dun ano, pero os encargos tras a restructuración de Factoría parece que empezan a ser unha realidade.
O propio Enrique Lago, director da firma marinense, confirmouno na visita do conselleiro de Industria, Javier Guerra, "en estos momentos hay un barco que se entregará a finales de semana, hoy sube otro y hay un tercero confirmado para el 2 de noviembre, pero habrá algunos más hasta final de año".
O plantel de Factoría Naval quedou en tan só 30 traballadores, pero co novo plan empresarial espérase, segundo Guerra, abrir nova contratación ata estabilizar o número de empregados en aproximadamente 80, "comezamos a ver os primeiros resultados do novo plan empresarial. Queremos que Factoría volte a ser o que foi, non construíndo barcos pero si na reparación".