A Xunta adxudica a redacción da primeira fase da creación da estación intermodal de Pontevedra
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicou a redacción do proxecto construtivo para a primeira fase da obra de creación da estación intermodal de Pontevedra, na que se integran as terminais de autobús e de trens.
O contrato foi adxudicado á empresa Eptisa Servizos de Enxeñería S.L. por un orzamento que supera os 73.000 euros e o prazo de execución sitúase en sete meses.
A Xunta e o Concello de Pontevedra asinaran un convenio para que a administración autonómica se encargue de redactar os proxectos, licitar, adxudicar e acometer as obras cun investimento próximo aos 4 millóns de euros.
A primeira fase consistirá en reordenar a actual zona de aparcadoiro, cun novo acceso á estación de autobuses desde a rúa Josefina Arruti e a mellora da conexión a pé entre as dúas terminais a través dun acceso peonil.
A estas actuacións engádese a reforma do edificio da estación de autobuses, que conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros e está previsto que a redacción do proxecto licítese antes de finais de ano.
Nos orzamentos da Xunta para 2018 contémplase unha partida de 800.000 euros para avanzar neste proxecto, que ten como obxectivo facilitar aos usuarios o intercambio entre os distintos modos de transporte.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Esta é a estación de autobuses que queren a Xunta e o Concello
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Seis empresas presentan ofertas para redactar o proxecto de reforma da estación de autobuses de Pontevedra
Por Redacción |
-
Abre o prazo para presentarse ao concurso para redactar a reforma da estación de autobuses
Por Redacción |
-
Un itinerario peonil a pé de rúa unirá as estacións de tren e autobús
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A estación intermodal 'despega' ao aceptar o Concello o convenio coa Xunta
Por Alejandro Espiño |