O PP ofrece un "cheque en blanco" para aprobar o PXOM e Mosquera cualifícao de "brindis ao sol"
Por Alejandro Espiño
Un "cheque completamente en blanco". Esa é a oferta que lanzou o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira, ao alcalde da cidade en relación á elaboración do futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal, o documento urbanístico "que tendría que regir y ordenar" o desenvolvemento de Pontevedra nos vindeiros anos e que substituiría ao actual planeamento, "obsoleto y alejado de la normativa vigente".
Jacobo Moreira, que compareceu acompañado polo concelleiro Ricardo Aguilar, cre que "es mejor un mal PXOM que no contar con un plan adaptado a la legislación actual" e lembrou que se trata da folla de ruta do crecemento sustentable, non só dun instrumento para garantir a concesión de licenzas de edificación.
Neste sentido, o voceiro do PP recordou que o Concello de Pontevedra desenvolve a súa política urbanística ao amparo dun planeamento que data de 1989, ideado no seu momento para unha poboación de 82.000 habitantes, "es decir una cifra ya superada en la actualidad y que implica déficit de suelo para equipamientos, zonas verdes, comunicaciones viarias o industrias", que cifrou en 1,5 millóns de metros cadrados.
De aí que os populares comprometéronse a aprobar o planeamento urbanístico que lle presente o equipo de goberno "sea el que sea". Afirman que A Coruña, Vigo, Lugo e Santiago contan cun PXOM adaptado á normativa actual e que Ourense está a piques de proceder á súa aprobación inicial. "Pontevedra no puede quedar como única urbe gallega con un PXOM desfasado y que limite y condicione su desarrollo".
E é algo que debe facer o goberno local, din, porque o ofrecemento do Concello á Xunta para que asuma a redacción do Plan "resulta grotesco tanto porque derivaría en una situación totalmente extraordinaria como porque supondría unha claudicación del Concello de sus responsabilidades".
MOSQUERA CUALIFICA A OFERTA DE "BRINDIS AO SOL"
O ofrecemento do Partido Popular tivo unha inmediata resposta desde o Concello de Pontevedra. César Mosquera, responsable do PXOM, cualificouna de "brindis ao sol". Recorda que o goberno local nunca responsabilizou aos populares pontevedreses da situación do PXOM "porque cando enviamos o documento á Xunta ía co seu apoio, eles non tiveron a culpa".
Reiterou que as condicións que impón a Xunta para aprobar o PXOM implica "un claro retroceso no noso modelo de cidade", al entender que mantén ENCE como zona industrial, sitúa o hospital de Monte Carrasco en monte comunal e reduce a edificación en toda a cidade. Con eses parámetros, Mosquera insiste en que o Concello non reactivará o PXOM pontevedrés.