En Marea preguntará no Parlamento pola situación do colapso nas urxencias de Montecelo
Por Oskar Viéitez
A vicepresidenta do Parlamento de Galicia e deputada de En Marea, Eva Solla, preguntará no Parlamento pola denuncia dos profesionais de colapsos nas urxencias do hospital Montecelo.
Desde En Marea, Eva Solla considera que son cada vez maiores as denuncias dos profesionais sanitarios pola saturación nos hospitais, "produto das políticas de peche de camas e unidades levadas a cabo polo goberno da Xunta de Galicia, que xa están a converter os peches en algo permanente".
No caso do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP), a Xunta de Persoal denunciou que o peche afecta xa a máis unidades e durante máis tempo.
Din os representantes de En Marea que o que comezou sendo un peche de 15 días para arranxar a unidade de lactantes, leva xa seis meses pechada, derivando os nenos aos diferentes servizos que dispón o hospital tales como obstetricia, xinecoloxía "ou os máis afortunados pediatría".
Esta formación tamén di que o servizo de neumoloxía ten a cargo a 42 pacientes dos cales 30 están fóra da súa unidade, "pois aínda abriu na súa totalidade o día dous e fíxoo de xeito temporal". Engaden que unha situación parecida tena tamén medicina interna, que ten fóra da súa unidade a 26 pacientes e varios en urxencias á espera.
Nas urxencias, a situación é "totalmente límite", con "doentes esperando durante horas nos corredores á espera de camas mentres estas permanecen pechadas" o que reflicten, segundo En Marea, "unha política de desmantelamento da sanidade pública que está a afectar dun xeito gravísimo na atención das persoas".
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra e Prosagap queren que o Hospital Provincial manteña un uso sanitario
Por Redacción |
-
A Xunta de Persoal dos Hospitais de Pontevedra vai pecharse durante 12 horas no Provincial
Por Miguel Álvarez Fandiño & Anxo Lourido |
-
Aberta toda a área de Medicina Interna III do Hospital Provincial
Por Redacción |
-
A xerencia da área sanitaria comunica a Prosagal que reabrirá as camas hospitalarias pechadas no verán
Por Redacción |